Site icon Crónica3.com A Mariña

Iván Cao agarda “conquistar 3 puntos e entrar nunha dinámica positiva” ante o Bueu

O Burela B Pescados Rubén afronta o inicio da segunda volta da Terceira División ante o Bueu FS que chega a Vista Alegre instalado nunha cómoda sexta posición (21 puntos).

Pola súa banda, o mozo conxunto laranxa segue loitando pola permanencia e tralo punto cosechado na cancha do 5Coruña FS espera reforzar a súa moral cunha vitoria ante o Bueu, conxunto ao que derrotou (2-3) na primeira volta. O duelo entre ambos conxuntos dispútase o sábado día 24 a partir das 16.00 horas en Vista Alegre.

A escadra dirixida por Iván Cao recupera a Pancho para este partido. O técnico burelés espera que “logremos realizar un bo partido e conquistar tres puntos que nos servirían para entrar nunha dinámica positiva e reforzar a nosa confianza. O equipo está mentalizado para este duelo e esperamos poder ofrecer nosa mellor versión para doblegar a un gran rival que ten un estilo de xogo atrevido”.

Exit mobile version