Site icon Crónica3.com A Mariña

Javier Rodríguez e Rafael González marcan récords da Liga de Bolos de Xove no Cruceiro

Debido ás obras no entorno do Centro Social a ubicación da boleira cambiouse, pasándose para parte traseira do Centro. Debido ó asfaltado do entorno pasouse dunha superficie de herba e terra a unha superficie dura. Todo isto fai que agora sexa unha boleira rápida, similar á que temos no Centro Social de Vilachá. Este tipo de boleiras propician uns tanteos altos, debido á que non se producen “cucadas” e os bolos corren moi ben, xa que nas superficies lisas non se frean.

Con esta situación, vitoria dun histórico, Javier Rodríguez, que este ano non se prodigou moito no torneo, pero que aínda segue atesourando unha gran clase. O que fora campión desta Liga na temporada 2004-2005 destapou este sábado o “tarro das esencias”, índose a uns espectaculares 372 tantos, récord absoluto da historia deste torneo.

Pero, Rafael González tamén conseguíu récord absoluto, e difícil de bater, cos 111 puntos obtidos nunha bolada.

En canto á clasificación, Rafael cos 4 puntos que lle recortou a Arturo consegue empatar con el na cabeza que agora ambos lideran con 99 tantos. A falta de 5 tiradas por disputar (Xove, A Vara, Vilachá, Morás e Sumoas), Arturo e Rafael teñen prácticamente tódalas papeletas para xogarse os dous primeiros postos da temporada. Por detrás, un nutrido grupo encabezado por Álex Meitín e Francisco Pérez que pelexarán pola terceira posición.

Liga Sénior Feminina
A vitoria de Carmen Roca e o punto acadado pola mellor bolada, permítenlle desbancar a Belén Meitín da cabeza, e agora é líder con 53 puntos, seguida por Belén con 52 e Salomé con 50. Polo tanto, máxima igualdade nesta categoría, onde calquera das tres pode aspirar a todo; de agora en diante os fallos vanse pagar moi caro, xa que ningunha pode despistarse se non quere verse descolgada.

Liga Sub 16
A noticia nesta categoría volve a estar en que, por terceira semana consecutiva, o líder Daniel Alonso non gaña. Daniel non está a xogar mal, pero hai que ter en conta que os rivais tamén xogan. A segunda posición obtida nesta tirada, e con 18 puntos de ventaxa, Daniel ten asegurado prácticamente o campionato, quedando por decidir únicamente onde se proclamará oficialmente gañador. O segundo clasificado, Miguel López, segue situado nunha segunda cómoda posición onde xa é virtual subcampión. Máis complicado o ten a irmá de Miguel, xa que Julia López non foi capaz de puntuar nesta tirada e vé como se lle achega por detrás Hugo Meitín, do que só o separan 4 puntos de diferencia na clasificación.

A vindeira tirada celebrarase no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE o vindeiro sábado 31 de xaneiro de 2015.

CAMPIONATO DE BOLOS DO C. SOCIAL DE O CRUCEIRO (25 XANEIRO 2015)

  39  INSCRITOS:  20  NA LIGA SENIOR,    8  NA LIGA SUB 16   E     11  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIÓN        NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SÉNIOR

PRIMEIRO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

372

12

SEGUNDO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

350

10

TERCEIRO LUIS RANCAÑO BOUSO

349

8

CUARTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

332

7

QUINTO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

332

6

SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

326

5

SÉTIMO ARTURO VIGO CASABELLA

321

4

OITAVO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS

300

3

NOVENO ALEX MEITÍN SERANTES

297

2

DÉCIMO JORDI MEITÍN SERANTES

297

1

MELLOR BOLADA JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

111

1

LIGA SUB 16

PRMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

254

6

SEGUNDO DANIEL ALONSO LÓPEZ

198

4

TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN

182

3

CUARTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO

167

2

QUINTO LAURA IGLESIAS MARIÑO

159

1

MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

74

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL

254

6

SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO

240

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

209

3

CUARTO PAULA CAMPO SUÁREZ

184

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

178

1

MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL

83

1

Exit mobile version