E o resultado non puido ser mellor; xa que na categoría de veteráns Juan Luís Gómez del Río proclamouse Campión Provincial ó pecorrer os 6 km do circuíto nun fantástico tempo de 21’49” que o levou entrar en meta na 10 posición da clasificación Xeral.
J.Luis estivo acompañado pola excelente participación na categoría xuvenil, sobre unha distancia de 3 km, das dúas grandes promesas que ten o club ribadense: J.Luis Gómez Iglesias e Yago Freije Mariño que entraron na novena e décimo sétima posición na súa categoría.
Cun tempo de 10’59”, J. Luís Gómez Iglesias acadaba a undécima posición na clasificación Xeral e Yago Freije Mariño, cun tempo de 12’58”, na vixésimo segunda posición da clasificación Xeral.