Site icon Crónica3.com A Mariña

Lara Méndez visita a Pontenova para levar o programa Memoria Dixital Tic-Tac

lara-pontenovaA Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, visitou este venres o centro de maiores de A Pontenova para levar o programa Memoria Dixital Tic-Tac, programa da Fundación Tic, co que se creará un rexistro audiovisual de parte da historia da provincia a través dos testemuños das persoas que participen nesta iniciativa. A Vicepresidenta destacou que “poremos en marcha este banco de recordos para gardar as vivencias dos noso maiores en internet. Todo o material obtido publicaranse nunha páxina web especialmente deseñada para esta ocasión, o que permitirá que todas as persoas que así o desexen accedan ás historias e recordos dunha xeración que ten moito que contar”.

Lara Méndez, “serán os propios maiores os que graven cunha tablet pequenos vídeos onde poderán contar como foi a súa nenez, a súa vida no rural ou as festas de hai anos, entre outros”. Deste xeito, cúmprese un dobre obxectivo: por unha banda, facer un rexistro individual da memoria a través de pequenos relatos e anécdotas e, por outra, introducir a este colectivo no mundo das novas tecnoloxías, facilitándolles o acceso directo a unha tablet para que aprendan a manexala nos seus aspectos máis básicos.

Memoria Dixital Tic-Tac consta de 9 talleres, que se desenvolverán ata o 28 de febreiro en
todas as comarcas da provincia. Está aberto a asociacións e centros de maiores e aos veciños
de todos os Concellos da provincia, agás os de Lugo capital, que desexen participar. Os interesados poden apuntarse chamando o número de teléfono 982 254 666. O segundo taller desenvolverase mañá na Casa da Cultura de Portomarín cos membros da asociación de xubilados deste municipio.

Este programa, xunto a outros como Sempre en Activo ou Nutretic, está incluído na actuación Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo no marco Innova-TE2, financiado nun 80% con Fondos Europeos.

Exit mobile version