Site icon Crónica3.com A Mariña

Luis Alfonso Sixto foi refrendado polo 87% dos seguidores de “Foz, Plataforma de Futuro”

A comisión de listas de FPF reunida este venres informou da participación de 72 persoas dun censo total de 83 no proceso de elección de candidato.

Cun 62,5% de voto en urna e un 37,5% de voto por internet. Non houbo votos en blanco, o 100% do apoio recae no candidato.

Así pois, queda proclamado candidato ás vindeiras eleccións municipais ao Concello de Foz; Luis Alfonso Sixto Legaspi.

DECLARACIÓNS
Realizamos un chamamento a unha nova xeración de focenses para abrir unha era, a alternativa política de goberno para o noso pobo de Foz.

Unha alternativa baseada nun avance decidido na calidade democrática, a implantación de novidosos procesos de participación, unha potenciación na comunicación municipal, e sobre todo baseada na recuperación da soberanía municipal, que Foz volva a gobernarse dende Foz. Xa está ben de someterse aos poderes fácticos, en moitas casos non elixidos por ninguna urna, que converten aos representantes dos nosos pobos en servos do poder.I so vaise acabar.

Por iso, dende “Foz, Plataforma de Futuro” propoñemos non gobernar con ningún candidato que leve máis de tres lexislaturas no mesmo cargo.

Somos víctimas do sistema de poder instaurado polos partidos tradicionais, un poder que moldeu a sociedade á súa medida, é hora de que a sociedade molde e ese poder para acércalo ás necesidades da xente do común.

Soplan ventos de cambio para Foz. A veciñanza organizada entorno ao fragor dunnovo tempo, un proxecto en rede apoiado na tecnoloxía e nunha nova xeración, cun protagonismo do colectivo e creando sinerxias que devolva o esplendor a este municipio.

O punto de partida dunha nova hexemonía veciñal e modernizadora na Mariña comeza en Foz, un movemento que terá un peso real e decisivo nas institucións supramunicipais e traerá máis prosperidade á nosa comarca.

Somos unha alternativa humilde, pero moi digna e temos dúas certezas absolutas: a nosa vontade e a crenza en vós.

Exit mobile version