Site icon Crónica3.com A Mariña

Luismi e Daniel poñen rumbo a Plasencia coa irmandiña cadete

cadetesOs xogadores do Burela FS Pescados Rubén Luismi Nieto e Daniel Bertolo defenderán a Galicia Cadete na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará esta fin de semana en Plasencia. Os xogadores laranxas realizarán este mércores, ás 18.15 horas, o último adestramento no pavillón compostelán de Roxos antes de poñer rumbo a terras estremeñas.

Xunto aos mariñáns compoñen a expedición Xabier Fernández, do Santiago Futsal; Miguel Fernández, do Troula FS; Javier Baños e Iago Macía, do Verín FS; Cley Nogueira, da Fundación Azkar; Martín Leal, do Bueu FS; Adrián Campello, Francisco Fernández e Marcos Cruz, do Guitiriz; e Diego Balboa, do 5Coruña FS. Na preparación do combinado galego tamén participou o meta laranxa Noé Cabana, que se lesionou hai un par de semanas durante un adestramento da base burelista.

A Selección Irmandiña medirase ao País Vasco o sábado 31 (12.00 horas) e á anfitrioa, Estremadura o domingo 1 (12.00 horas).

Galicia Sub-21

A laranxa Paula Cortiñas continúa a súa preparación coa selección tras a clasificación para a fase final. Despois da sesión de onte, xa ten previsto un novo adestramento o vindeiro martes.

Galicia Infantil
O burelista Aarón Artime foi reclamado para un novo adestramento da categoría infantil; será este venres, ás 18.45 horas, en Curtis.

Exit mobile version