Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis vida ás nosas árbores

Baixo este título o Centro Comercial Histórico de Viveiro pecha a campaña de Nadal 2014. O venres 16 de xaneiro a partir das 10.30 horas un total de 75 nenos de 6º curso dos colexios Lois Tobío e Landro plantarán no Monte San Roque os abetos que durante o Nadal estiveron adornando as rúas de Viveiro.

Esta xa é a cuarta xornada de reforestación que se realiza en colaboración ca Comunidade de Montes de San Roque, o Servizo Forestal, Autobuses de Vivero e os colexios da vila.

Os rapaces recibirán unha charla educativa durante a xornada de reforestación da man dun axente do Servizo Forestal. Nesta charla explícaselles a importancia de manter a flora e a fauna do noso entorno, con tódolos beneficios que elo conleva. Aprenden a diferenzar distintas especies autóctonas, e que función desempeña cada parte do abeto que eles mesmos van a plantar. Ó finalizar reciben un diploma acreditativo da realización da xornada.

O obxetivo é a sensibilización de cara ó respecto polo medio ambiente e a interacción ca natureza, e sobre todo “a vida” que se lles dá ás arbores que adornan no Nadal as nosas rúas.

Actualización: A xornada foi aprazada debido ao mal tempo. A organización prevé a súa celebración ó longo da semana seguinte.

Exit mobile version