Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad Burela convoca eleccións para ampliar a súa xunta directiva

Mujeres en Igualdad Burela convoca eleccións para a súa xunta directa debido á intensa actividade que a asociación vén desenvolvendo tanto en temas sobre violencia de xénero coma en materia social. Por iso, pretenden ampliar a xunta directiva ata en 3 mulleres máis.

Algunhas das actividades que desenvolve con respecto á violencia de xénero son o acompañamento das vítimas de violencia de xénero, o asesoramento sobre medidas de protección ou prevención, as xornadas para a inserción destas mulleres na sociedade -que teñen lugar todos os xoves-, o traballo en materia de motivación persoal das propias víctimas, a organización de xornadas e seminarios de sensibilización, a integracion destas mulleres na propia asociación, como primeira medida cara á reinserción social da propia muller vítima de violencia de xénero; así coma a elaboracion de programas e propostas enfocadas á protección das vítimas de violencia de xénero e os seus familiares a cargo. Neste sentido, teñen proposto en colaboración co Concello a posta en funcionamento dunha Vivenda de Urxencia para Víctimas de Violencia de Xénero en Burela.

Pero ademias, Bumei tamén desenvolve outras actividades coma o mantemento da Despensa de Alimentos que Bumei ten en Burela e coa que abastecen ás persoas máis necesitadas de Burela do mesmo xeito que o fan co seu roupeiro, o seu Banco Bebe, o seu Banco Maiores onde ofrecen axudas técnicas, pañais de adultos, roupa, bipedestadores…etc, onde colaboran de forma moi activa a maioría das súas socias, do mesmo xeito que as mulleres que foron vcítimas de violencia de xénero e que así o desexan, como primeira toma de contacto cara á reinsercion na sociedade.

Así mesmo, Mulleres en Igualdade Burela, realiza campañas periódicas de recolleita de alimentos, participa en todas as actividades que organiza o Concello coma, por exemplo, o Entroido, e tamén colabora noutras actividades que organizan outras asociacións coma a Festa Castrexa ou organiza cursos de pintura, pilates, zumba, ioga, pádel… e calquera outra actividade que permita potenciar e favorecer o benestar da muller tanto psíquico como físico.

Non podemos esquecer que Mulleres en Igualdad Burela tamén ofertou aos centros escolares de Burela e Nois, o Programa Madrugadores para a conciliación da vida laboral e familiar dos pais.

Por todas estas actuacións, e por outras moitas, a directiva vixente neste momento en Mulleres en Igualdad Burela decidimos ampliar a mesma, que non cambiar, incorporando a un número máximo de tres mulleres máis que adquiran o compromiso firme de traballo e dedicación que todas estas actividades requiren. Para iso deberán facer chegar as súas candidaturas a esta asociación mediante correo electrónico a: bumeiburela@gmail.com ou entregando unha solicitude no propio local da asociación en: Pardo Bazán, 9 (Casa do Mar) de Burela, antes deste luns 26 de xaneiro ás 17.00 horas.

A elección das persoas que resulten elixidas de entre todas as propostas recibidas, leváease a cabo o mesmo luns 26 de xaneiro ás 17.30, mediante votación por maioría das persoas que integran actualmente a xunta directiva. O resultado seralles comunicado ás interesadas o mesmo día.

Desde Mulleres en Igualdade Burela, animan a todas as persoas interesadas neste tipo de iniciativas sociais, a presentar a súa candidatura e participar activamente nesta asociación que conta actualmente con 87 socias e un numeroso número de voluntarias.

Exit mobile version