Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés descubrirá os “tesouros na Serra da Faladora” co arqueólogo Carlos Otero

Nordés propón unha nova actividade para este sábado 31 de xaneiro que ten como título “Tesouros na Serra da Faladora”.

A Serra Faladora agocha baixo a súa bravura tesouros históricos, etnográficos e naturais que a Asociación Nordés quere poñer en valor con xornadas como a proposta para o derradeiro sábado do mes de xaneiro.

Para ilo vaise contar co arqueólogo Carlos Otero Vilariño, coñecedor da zona e dun dos seus principais tesouros: o camiño dos arrieiros, ruta tradicional de tránsito dende o Porto de Bares ata As Pontes nos séculos pasados, e quén dí séculos dí milenios, pois á beira do camiño atópanse restos dunha prehistoria que, a pesar dos traballos de persoas coma Otero Vilariño, seguindo as pegadas de Federico Maciñeira, é pouco coñecida polos habitantes da bisbarra.

Deste xeito, a xornada escomenzará ás 10.30 no Centro Social GranSor das Grañas cunha introducción do noso convidado sobre o que xa será o percorrido posterior por unha parte do devandito Camiño dos Arrieiros. Si as condicións meteorolóxicas non permitisen sair a camiñar polo roteiro previsto, trocarase éste por unha conferencia de Carlos Otero no mesmo Centro Social.

Rematada a camiñata, ou a conferencia no seu caso, arredor das 14.30 según as previsións, Nordés propón un xantar na Casa Urbano ó prezo de 15 euros para despois, ás 16.30 trasladarse ó lugar de Meixido, dónde Narciso Luaces e a súa dona, xa falecida, foron quénes de levar adiante a idea dun Museo Etnográfico no cal se poidesen lembrar ou coñecer, asegún os casos, oficios e aparellos xa extintos ou a piques de facelo, así coma a forma de vida nas aldeas e casais da zona da Faladora e, por extensión, doutras terras de Galiza.

O prezo da actividade para quen non sexa nordesteiro ou nordesteira (socio/a da asociación) é de 3 euros, polo que se prega avisar con tempo chamando ó teléfono 653 756 454.

Exit mobile version