Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés Faladora inaugura as actividades do 2015 cun roteiro polo “Camiño dos Arrieiros”

Nordés propón inaugura as actividades deste 2015 cunha proposta para este sábado 31 de xaneiro. Trátase dun roteiro polo “Camiño dos Arrieiros” que ascende, dende Estaca de Bares, cara ó sur serpeando polos montes ata chegares ós bretemosos cumios das Serras Faladora e Coriscada.

Este roteiro didáctico guiado polo arqueólogo Carlos Otero Vilariño, que contará dos tesouros que agocha o chan ou que se atopen cubertos por xestas, toxeiras e matogueiras, dará comezo ás 10.30 horas dende o Centro Social das Grañas do Sor (Mañón).

Despois de repoñer forzas en Casa Urbano cun xantar opcional dun prezo de 15 euros, a xornada continúa coa visita ó Museo Etnográfico de Meixido guiada polo seu fundador, Narciso Luaces, quen, ó tempo que amosa as pezas do seu Museo, falará sobre amor á tradición e cultura popular e o esforzo polo seu espallamento.

O prezo das actividades (excepto o xantar) é de 3 euros para os non socios. Os socios e os nenos e nenas poderán participar de balde. Aínda así é preciso inscribirse antes do xoves 29 de xaneiro no teléfono 653 756 454.

A organización aconsella levar roupa de abrigo para o roteiro que pode ser cancelado debido ó mal tempo. Nese caso, será substituído por unha conferencia de Carlos Otero no propio Centro Social das Grañas do Sor.

Exit mobile version