Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela promociona a Mariña en FITUR

Burela, 29 de xaneiro de 2015. O alcalde, José Mª González Barcia, asistiu en Fitur á presentación do novo material promocional da Mancomunidade de Municipios da Mariña.

Na súa intervención “intentei trasladar que, aparte das imaxes que se ven no vídeo, na comarca hai unha actividade económica importante e os cidadáns da Mariña son acolledores, tolerantes, que saben recibir ao visitante e que o tratan con cariño”, explicou o rexedor.

González Barcia dixo que “o vídeo está feito para xerar interese e se alguén quere pescudar que é o que se esconde detrás e incluso saber se o que se ve é unha realidade o que teñen que facer é vir á comarca. Queremos que todas as persoas que veñan á comarca sexan embaixadores da Mariña, será a mellor mostra de que valoran ben o que temos, de que estamos ofrecendo o mellor que temos da mellor maneira que podemos e será a confirmación de que esta comarca busca unha calidade turística. Sendo unha gran descoñecida pretende que a xente a coñeza, a valore e a respecte. Polo tanto precisamente para que a xente que vexa o vídeo poida verificar o que ve e o que poida intuír invitámolos a vir”.

Exit mobile version