González Barcia achegouse ao adestramento matutino da selección nacional masculina de fútbol sala celebrado no pavillón Vista Alegre, para transmitirlles en persoa aos integrantes da mesma o cariño e o calor co que Burela recibe á selección nacional, e agradecerlles a súa presenza unha vez máis na localidade.
O rexedor destacou que “para un Concello de dez mil habitantes contar cun evento destas características é un orgullo e unha enorme satisfacción, e agradeceu ao Burela Pescados Rubén, e as Federacións galega e española o seu interese porque Burela acolla eventos deste tipo”.
O alcalde burelés desexoulles sorte aos membros da selección e afirmou que “o Concello, dentro das súas posibilidades, tentará facer todo o posible para seguir contando con eventos deste tipo”.