O Alondras toma a revancha na casa das botas de Mauro ante o Ribadeo.
O conxunto celeste gañara os 3 puntos da primeira xornada da Liga ante os do Morrazo despois de reclamar aliñación indebida. Pero, desta volta, nun partido moi desigual os locais conseguiron a vitoria grazas a un hat-trick de Mauro e outro gol de Gustavo. Santi anotaba o solitario gol dos mariñáns.
Despois dun remate fóra, o Alondras adiantábase no marcador cun tanto de Mauro de cabeza. E Gustavo aumentaba a vantaxe dos locais antes do descanso.
O Ribadeo só lograra unha ocasión na primeira parte. Santi fixo o gol de honra na segunda metade; pero Mauro anotaría por partida dobre a poucos minutor do final do partido no Morrazo.
Con este resultado, o Alondras sube ata a sétima praza da táboa con 31 puntos, un menos que o Ribadeo que cae ata a décima posición con 10 puntos menos que o líder, o Pontevedra.