O BNG de Viveiro denuncia a existencia dun vertedoiro descontrolado na zona da insua
edicion2
Os concelleiros do BNG, Bernardo Fraga e Olaia Casas, a instancias de varios veciños de Covas e Escourido, visitaron a zona da Insua, para denunciar a existencia dun vertedoiro descontrolado. Na visita, puideron comprobar que o vertedoiro vai en aumento, e que non se toman medidas por parte do Concello para poñerlle fin.
Bernardo Fraga, portavoz do BNG, declarou “botamos en falta campañas do Concello de Viveiro para sensibilizar ás veciñas e veciños co civismo e o coidado do medio ambiente” e “reclamamos da Alcaldesa e do Concelleiro de Obras, que tomen medidas inmediatas para rematar con este foco de contaminación no noso Concello”.