Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS Pescados Rubén recibe ó FC Barcelona con emisión en directo na TVG2

O Burela FS Pescados Rubén recibirá 2015 este sábado ante a súa afección na xornada 17 coa visita do todopoderoso FC Barcelona coa atenta mirada das cámaras de TVG2 que seguirán o encontro en directo a partir das 20.00 horas.

O conxunto laranxa afronta con certo optimismo un novo reto dun complicadísimo calendario neste tramo inicial da segunda volta, trala visita ao Inter Movistar (5-0), ante un dos mellores equipos de Europa que ocupa a segunda praza da liga nestes momentos (40 puntos). “Na casa sempre fomos competitivos, en todos os partidos e con todos os rivais; cando se nos foron os puntos foi por marcadores axustados” explicaba o técnico burelista, Juanlu Alonso. “Nós non cambiamos a nosa actitude; chegamos coa intención de poñerlle as cousas difíciles a calquera e si mañá chegamos vivos aos últimos minutos poderemos ter opcións de sacar algo positivo” adiantaba o adestrador laranxa. Na primeira volta os cataláns impuxéronse 5-2.

No vestiario laranxa, á baixa do lesionado Miguel, súmase de novo Jorge Bellvert, que notou certas molestias na súa reaparición a semana pasada na pista do Inter Movistar. “Ambos xogadores están no súa última fase de recuperación; estamos desexando contar con todos os efectivos pero preferimos non arriscar” comentaba Juanlu.

Día do Club
Este será o terceiro e último Día do Club 2014-15 en Vista Alegre. A taquilla estará aberta desde as 19.00 horas.

PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros
Abono Familiar: 5 euros/entrada
Abono Estudante: 5 euros
Abono xuvenil: 5 euros
Abono Xubilado: 5 euros
Abono Infantil: 1 euro

PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros
De 0 a 13 años: 3 euros

Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder

Convocatoria FC Barcelona: 2. Aicardo, 5. Gabriel, 7. Dyego, 8. Lin, 9. Sergio Lozano, 11. Saad, 13. Wilde, 14. Ferrao, 19. Adrián Ortego, 20. Joan Miñano, 22. Rafa Usín, 28. Paco Sedano

Exit mobile version