Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela Pescados Rubén FS cae na pista do Peñíscola (4-1) nun partido que se decidiu no tramo final

peñsicola-burelaO Burela Pescados Rubén cae na complicada pista do Peñíscola Bodegas Dunviro (4-1) nun choque que se decidiu no tramo final. O encontro caracterizouse pola iguadade entre ambos conxuntos que exerceron unha forte presión sobre o rival. A claridade defensiva contrastaba coas sombras en ataque de dous equipos que erraban no último pase para poder xerar perigo. Sen incidencias no marcador chegouse ao descanso e na continuación o guión mantívose.

Moita intensidade e máxima concentración na pista sen que ningún dos equipos realizase concesións ao seu rival. O equilibrio rompeuse co 1-0 logrado por Juanqui, minuto 30, que propiciou un cambio de rumbo no encontro. O Burela Pescados Rubén reaccionou e xerou maior perigo a un Peñíscola que defendía a súa renda con apuros. O conxunto mariñao acariñaba o empate no seu mellor momento do choque pero un contragolpe local finalizado por Míchel supuxo o 2-0, minuto 36. O 2-0 acelerou o encontro cun Burela Pescados Rubén que apostou polo xogo de cinco e tivo ocasión de recortar aínda que o Peñíscola estivo máis certeiro para sentenciar o partido por mediación de Gonzalo, minuto. 38. Axiña acurtou distancias Matamoros (3-1) ao aproveitar o rexeite de Iván no lanzamento de penalti do propio killer laranxa. Nos instantes finais Yeray redondeou a vitoria co 4-1 final.

Ficha técnica
Peñíscola Bodegas Dunviro: Iván, Yeray, Míchel, Gonzalo, Constantino-cinco inicial- Fran Conde, Asensio, Ureña, Javi Alonso, Pau, Juanqui.

Burela Pescados Rubén: Álex, Bellvert, Antoñito, Chano, Behroz –cinco inicial- Iago Míguez, Matamoros, Carlitos, Helder, Miguel.

Goles: 1-0, m.30, Juanqui; 2-0, m.36, Míchel; 3-0, m.38, Gonzalo; 3-1, m.39, Matamoros (p); 4-1, m.40. Yeray.

Árbitros: Felipe Madorrán, Gereta Ramírez.

*Foto: Prensa Peñíscola.

Exit mobile version