Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato de Foz, Plataforma de Futuro explica o proxecto ós seguidores

O candidato a encabezar a lista de “Foz, Plataforma de Futuro” de cara aos comicios municipais, Luis Alfonso Sixto Legaspi, vén de reunirse este sábado 17 de xaneiro nun acto cos seguidores para explicar e dar a coñecer o seu proxecto.

“Son un veciño de Foz de 39 anos, nacín en Fontao, con dous anos marchei vivir a Santa Cecilia, parroquia de Foz e con 24 me vin a vivir a Foz, estou casado e teño unha nena de 7 anos. Traballo dende fai 16 anos en Gestagua e son o representante sindical dos traballadores da explotación de Foz, e ó mesmo tempo son representante sindical de todos os traballadores de Gestagua en España(cerca de 400 empleados) no Comité Europeo de Empresa da multinacional do Grupo Saur(grupo ó cal pertence a empresa)”.

Preséntome como candidato para encabezar a candidatura de “Foz, Plataforma de Futuro”ás vindeiras eleccións municipais con humildade, con moita humildade, pero tamén con moita ilusión por encabezar un proxecto dos veciños e para os veciños.

Preséntome para devolver a exemplaridade política e democrática ó Concello de Foz, moi orgulloso do meu pasado, e moi orgulloso do traballo que desempeñei nos últimos anos. Nunca ocupei un cargo público e teño que decir mirando cara ó futuro que os veciños merecen que os gobernen mais persoas e menos políticos profesionais.

Preséntome para darlle resposta ós xóvenes, baixar os niveles de paro do noso Concello, non ofrecendo postos de traballo a cambio de votos, senón buscando solución globais e reais, e coa intención de atraer empresas ó noso Concello e impulsar ás que xa hai implantadas para que poidan prosperar e crear máis postos de traballo.

Principais propostas do proxecto:
1- NOVA FORMA DE FACER POLÍTICA. Creando un novo clima político e cortar coas confrontacións típicas dos partidos tradicionais, importándolles máis as siglas que os veciños.
2- DAR PASO A UNHA NOVA XERACIÓN. O futuro está nas mans dos xóvenes e non podemos deixar pasar a ocasión para empoderalos e que tomen parte das rendas do noso Concello.Á xuventude interésalle a política. Non vamos a renunciar á xente con experiencia de goberno.
3- EXERCEREMOS O PRINCIPIO DE CONTRAPODER.Non haberá cargos públicos e orgánicos representados polo mesmo veciño. “Unha persoa, unha responsabilidade”. “Foz, Plataforma de Futuro” naceu como estructura en rede e temos xente moi capacitada para asumir responsabilidades”
4- NON LEVAR IMPUTADOS NA LISTA ELECTORAL
5- TODOS OS COMPAÑEIROS QUE VAIAN NA LISTA AUTOMATICAMENTE TERÁN QUE PRESENTAR DECLARACIÓN DA RENDA 2013.
6- SOMETEREMOS A REFERÉNDUM DOS SEGUIDORES DE “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO” A LISTA ELECTORAL.
7- COMPROMISO DE NON ESTAR MÁIS DE 8 ANOS NO MESMO CARGO PÚBLICO.
8- COMPROMISO DE DIMITIR DO CARGO NO MOMENTO QUE ESTEA IMPUTADO POR UN DELITO GRAVE.
9- COMPROMISO DE NON PARTICIPAR EN NINGUNHA VOTACIÓN QUE TEÑA QUE VER CO MEU POSTO DE TRABALLO. (EMPRESA PRIVADA DE AUGAS).
10- MODERNIZAR O CONCELLO DE FOZ COA IMPLANTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. (Plan Municipal de Alertas en redes).
11- AXILIZACIÓN DOS TRÁMITE MUNICIPAL.
12- APROBACIÓN DO PLAN XERAL DE URBANISMO, SOMETENDO ANTES A UN REFERÉNDUM VECIÑAL.Igual que calquer asunto de importancia do Concello.
13- INTENTAR MANCOMUNAR SEVICIOS MUNICIPAIS CON OUTROS CONCELLOS DA COMARCA.
14- POÑER EN FUNCIONAMENTO O CONSELLO VECIÑAL.
15- AMPLIAR RADIO FOZ CON PÁXINA WEB PROPIA E CONTIDOS AUDIOVISUAIS
16- SACAR OS PLENOS COMO MÍNIMO UNHA VEZ Ó ANO ÁS PARROQUIAS.E sempre que haxa algún punto de extraordinario interese que afecte á parroquia, que sexa tratado nela.
17- CREACIÓN DUNHA OFICINA DE TURISMO VIRTUAL
18- CREACIÓN DUN CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL NO NOSO CONCELLO EN COLABORACIÓN COS SINDICATOS.(Nave nova do Concello de Foz).
19- CREACIÓN DUN PARQUE PÚBLICO CUBERTO PARA QUE OS MÁS PEQUENOS POIDAN XOGAR DE INVERNO.
20- NOS PRIMEIROS MESES DE GOBERNO POÑER EN FUNCIONAMENTO UN PLAN URXENTE DE LOITA CONTRA O PARO.
21- FRACCIONAR POR LEY OS DISTINTOS IMPOSTOS QUE COBRA O CONCELLO E AMPLIAR O PLAZO DE COBRO.
22- CREACIÓN DE VARIAS PLAZAS WIFI NO NOSO CONCELLO PARA QUE CALQUERA PERSOA POIDA TER ACCESO Á REDE.

Exit mobile version