O Club Ciclista Burela organiza a décima ruta BTT na localidade que se desenvolverá o domingo 1 de febreiro para tódolos cicloturistas maiores de 15 anos con licenza federativa en curso. coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Burelarte.
O percorrido desta ruta, que será a II Ruta da Merluza BTT, conta cun total de 35 km de dificultade media que discorrerán polos montes de Burela e das parroquias cervenses de Sargadelos e San Román. A saída, prevista para as 09.30 horas, e chegada desenvolveranse no Pavillón Vista Alegre, previsiblemente, despois de 3 horas e media.
Inscricións
O período de inscrición está aberto ata o xoves 29 de xaneiro e a cota será de 15 euros para @s cicloturistas que teñan licenza federativa en vigor e de 27 euros para @s que non a teñan, xa que se lles tramitará unha licenza dun día. O pago farase on line, coa pasarela de pago da web Champion Chip Norte ou por medio de transferencia bancaria ó número de conta 2080 0508 170000100203.
As inscricións de menores de 18 anos, deberán ir acompañadas da autorización por escrito do pai, nai ou titores legais do participante.