Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio de Burela prepárase para a súa Noite Máxica do Nadal

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela afronta a recta final da súa campaña de Nadal, cos últimos preparativos da gran noite máxica do 5 de xaneiro.

Durante esta fin de semana a hostalería de Burela celebra as xornadas gastronómicas dos callos, que se celebrará o sábado e domingo a mediodía.

O domingo o comercio de Burela tamén celebra unha nova xornada de tendas abertas, que, en horario de mañá e tarde, será unha das últimas oportunidades para as compras de Reis.

O luns día 5 de xaneiro xa se multiplican as actividades: cabalgata, rosconada, chocolatada, regalos, premios e desexos solidarios…

A xornada de Reis comeza ás 7 da tarde coa Cabalgata de Reis, organizada pola Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia. O desfile dos Reis Magos percorrerá as rúas de Burela ata chegar á Praza da Mariña.

Á chegada dos Reis comeza a festa na Praza da Mariña, con rosconada e chocolatada a 1,50€ a ración. Agochados dentro do roscón atópanse numerosos regalos sorpresa, con vales de compra e premios directos doados polo comercio e hostalería de Burela nunha nova edición do Rosconazo de Regalos.

E a partir das 10 da noite sortearánse os tres premios do Gran Escaparate de 2000€, 1000€ e 500€, respectivamente. Durante a festa desvelaránse cales son os tres desexos solidarios que serán cumpridos este ano por Acia Burela.

Exit mobile version