Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo investe 1.300 euros na limpeza das pintadas vandálicas dos aseos da praia das Catedrais

Ribadeo, 26 de xaneiro de 2015. O Concello investiu arredor de 1.300 euros na limpeza dos aseos da praia das Catedrais, que foron obxecto de pintadas vandálicas a principios do pasado mes de decembro.

O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicou que “primeiro usamos decapantes especiais, que non foron capaces de limpar a pedra. E ao final tivemos que alugar unha máquina de chorreo para retirar esa pintura”.

O edil nacionalista dixo que “o custo aproximadamente foi de 1.300 euros. O que agardamos no Concello é que os vándalos respecten o entorno desta marabilla que é a praia das Catedrais”.

Exit mobile version