Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno analizará polo miúdo o proceso de información pública do anteproxecto de decreto do Plan de Conservación da Praia das Catedrais

Ribadeo, 8 de xaneiro de 2015. O equipo de goberno analizará polo miúdo o inicio do proceso de información pública do anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais do que se deu conta no Consello da Xunta de hoxe, “debido ao seu alcance e á súa complexidade. Imos mirar con detalle o documento, imos analizalo e despois faremos as valoracións correspondentes”.

Desde o equipo de goberno ribadense engaden que “non opinamos sobre unha nota de prensa emitida pola Xunta de Galicia, porque temos que estudar ese anteproxecto do plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais”. O alcalde, Fernando Suárez, acaba de sinalar que “queremos coñecer ese anteproxecto unha vez que a Xunta de Galicia o colgue na súa web ou nolo faga chegar por algún medio. Queremos ver si as alegacións que presentou o Concello de Ribadeo foron tidas en conta. Son unhas alegacións fundamentadas desde o espírito absolutamente técnico para lograr a conservación dese areal, lograr que a galiña dos ovos de ouro nos esmoreza e lograr que siga sendo unha fonte de turismo e de riqueza para Ribadeo e tamén para a comarca. Queremos ver si esas alegacións foron integradas, integradas parcialmente ou absolutamente non foron nin tidas en conta”.

O rexedor engadiu que “unha vez estudado o documento nos vindeiros días, daremos a oportuna valoración, tal e como corresponde”.

Exit mobile version