Site icon Crónica3.com A Mariña

O GDR da Mariña concedeu máis de medio millón de euros en axudas no 2014

Mondoñedo, 28 de xaneiro de 2015. O GDR da Mariña, asociación que xestiona o Programa Leader 2007-2013 na comarca- nos 14 concellos desde Viveiro a Ribadeo pola costa e desde Trabada a Ourol polo interior- , vén de pechar o exercicio correspondente ao ano 2014. Segundo os datos facilitados desde o equipo técnico do grupo pola xerente, Ana Ermida, “as axudas pagadas no 2014 a proxectos que se desenvolveron na Mariña, ascenderon a 548.126,66 euros”.

Entre os proxectos que recibiron axudas podemos atopar investimentos tan dispares como centros de día para persoas maiores, talleres mecánicos ou empresas forestais,”en todo caso, sempre pequenas ou medianas empresas que comezan a súa actividade ou amplían a xa existente con novas técnicas ou produtos”, exlican desde a xerencia.

Para este ano 2015, o grupo mariñao dispón dun orzamento de 1.075.293,48 euros que se destinarán a facer efectivas axudas dos proxectos que están presentados e que agardaban pola existencia de fondos para poder cobrar.

“Aínda que cos proxectos que temos en espera temos previsión de superar o orzamento asignado, o prazo para a solicitude de axudas está aberto ata o 31 de marzo deste ano, momento no que se analizarán a nivel galego os compromisos que existan de orzamento e pode procederse a unha redistribución de fondos entre grupos”, explican. Tendo isto en conta, desde o GDR da Mariña agardan poder recibir máis fondos e atender a todos os proxectos que se presenten ata esa data”, explican desde o grupo.

Entre os proxectos que se subvencionarán no 2015 con cargo ao programa Leader atopamos melloras e ampliacións de empresas, principalmente forestais, de servizos agrarios, cooperativas agrarias e xestión de residuos ou un centro de ocio para persoas con discapacidade.

Exit mobile version