A estrada LU-P-6101 de Pedrido, Sante e A Ría presenta un lamentable estado, que segundo os populares, pode ser considerada de “verdadeiro camiño de carros”. O GPP explica que “a estrada é moi estreita, ten un firme absolutamente deteriorado e as cunetas fai anos que non se limpan”.
Trátase dunha das vías de comunicación do municipio que máis transito rodado soporta e que permite o enlace entre a capitalidade municipal con estas parroquias, limítrofes con Asturias.
Ademais de non realizaren as labores mínimas de conservación e mantemento na LU-P-6101, o PSOE e o BNG a Deputación de Lugo tamén paralizaron un proxecto, aprobado polo goberno popular en xuño do 2007 e sometido a exposición pública, para a ampliación e mellora deste trazado. Tratábase dun importe de 1.170.000 euros.
Ante esta situación, os populares, vía moción, instan á Deputación a que manteña en bo estado e, polo tanto, acometa as labores tanto de conservación ordinarias como de construción (ampliación e mellora) necesarias nesta estrada.