Site icon Crónica3.com A Mariña

O Museo Provincial do Mar homenaxea cada día do 2015 ós seus doadores

doador-museomarNeste ano 2015 o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, en Cervo, quere renderlle unha sincera homenaxe aos seus doantes, homes e mulleres que cederon obxectos e documentos que hoxe forman parte das coleccións que atesoura este Museo, a memoria tanxible que custodia e exhibe para o presente e o futuro o Museo Provincial do Mar.

Para dar visibilidade ao aportado por estes benfeitoræs poñemos en marcha un proxecto que se vai desenvolver cada un dos 365 días do ano 2015. Desde o 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro, eliximos un obxecto para cada día, entre os expostos ou entre os reservados nos almacéns, co obxectivo de amosar esas singularidades da nosa historia que un día alguén depositou con xenerosidade na alforxa da nosa memoria. Un xeito de agradecerlles a estas persoas a súa magnanimidade e, ao tempo, de ofrecer aos nosos visitantes a posibilidade de coñecer, peza a peza, día a día, un por un, tanto os obxectos como os nomes de quen nolos legou.

CALENDARIO ANO 2015: UN DOANTE CADA DÍA
1 de xaneiro de 2015
Peza: Retrato de D. José Mª. Fernández Montenegro
Doante: Manuela Goñi

2 de xaneiro de 2015
Peza: Retrato de Dna. Manuela Goñi Mestre
Doante: Manuela Goñi

3 de xaneiro de 2015
Peza: D. Francisco M. Rivera Casás
Doante: D. Francisco Moisés Rivera.

4 de xaneiro de 2015
Peza: Ouvido de balea
Doante: D. Ramón García Méndez.

5 de xaneiro de 2015
Peza: Compás maxistral
Doante: Irmáns Fernández Véquez.

6 de xaneiro de 2015
Peza: Cuadernais
Doante: Asteleiro Frá Ponte

7 de xaneiro de 2015
Peza: Prismáticos ou xemelgos.
Doante: Josefina Mosquera Diéguez.

8 de xaneiro de 2015
Peza: Densímetro
Doante: Doña María Remedios Mosquera Coldeira.

9 de xaneiro de 2015
Peza: Contador de corredeira.
Doante: D. José Pérez Balseiro.

10 de xaneiro de 2015
Peza: Portillo
Doante: Leonardo Martínez López.

11 de xaneiro de 2015
Peza: Lanzadora de bengalas de salvamento
Doante: Mª Jesús Bau Velasco

12 de xaneiro de 2015
Peza: Clavazón do banzo
Doante: Jesús Ferreiro Cao.

13 de xaneiro de 2015
Peza: Hélice
Doante: D. Ramón Rivas Villares

14 de xaneiro de 2015
Peza: Colección de fotografías en branco e negro
Doante: Asociación de Veciños “Cruz da Venta”

15 de xaneiro de 2015
Peza: Escafandra
Doante: Familia Losada.

16 de xaneiro de 2015
Peza: Roldanas
Doante: D. José Paleo Fernández.

17 de xaneiro de 2015
Peza: Maqueta do barco “Pacific”
Doante: Dna Mª Rosa García Oroza.

18 de xaneiro de 2015
Peza: Manómetro
Doante: D. José Álvarez Otero

19 de xaneiro de 2015
Peza: Maqueta de trincado
Doante: D. Baldomero Bellón González

20 de xaneiro de 2015
Peza: Coitelo de media lúa
Doante: Divino Martínez Santamaría

21 de xaneiro de 2015
Peza: Maqueta de barco “Veiguela”
Doante: Dolores Liaño Flores, María José Díaz Liaño

22 de xaneiro de 2015
Peza: Compás
Doante: D. Marcelino Bermúdez Fra

23 de xaneiro de 2015
Peza: Dente de Carcharodon megalodon agazzis
Doante: José Pernas Trobo

24 de xaneiro de 2015
Peza: Maqueta do barco “Mª. Adela ”
Doante: D. José González Pérez

25 de xaneiro de 2015
Peza: Áncora,
Doante: Feliciano Cuevas Fernánde

26 de xaneiro de 2015
Peza: Dorna da Arousa (FIDALGO)
Doante: Manuel Crujeiras Vidal

27 de xaneiro de 2015
Peza: Carretel de cordeiro
Doante: D. Manuel Bermúdez López

28 de xaneiro de 2015
Peza: Mazo de calafatear
Doante: Ignacio Sarmiento Baltar

29 de xaneiro de 2015
Peza: Cadro de San Ciprián
Doante: Tere Bermúdez Rey

30 de xaneiro de 2015
Peza: Macheta
Doante: D. Manolo Díaz Oca

31 de xaneiro de 2015
Peza: Documento (diario de navegación).
Doante: D. Cipriano Ponte Rodríguez.

Exit mobile version