Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo ironiza coa película que se atopan os mariñáns ó chegar ó cine

Ribadeo, 29 de xaneiro de 2015.- De película. É a mellor forma de describir a situación na que se atopan os cidadáns que acoden a Ribadeo para asistir ao cine.

O mal estado da rúa na que se atopa a sala é notorio. Sucidade, sen alumeado e con fochancas é o panorama co que se atopa todo veciño/a que chega a Carlos III, rúa na que se ubica a sala.

“Está totalmente abandonada; sen alumeado e sucia”- denuncia o presidente do PP local, Jesús López Penabad, quen engade que o entorno sobre o que se asenta a instalación tamén deixa moito que desexar.

Explica o popular que ademais da Rúa Carlos III, tamén está a Rúa Sor Pilar de León, un vial onde os cidadáns aparcan os vehículos e se atopa en condicións deplorables.

Penabad lembra que os populares xa anunciaron por activa e pasiva o mal estado nesta zona pero, nembargante, o rexedor fai caso omiso, malia a ser un lugar de gran afluencia posto que o único cine que existe na comarca de A Mariña atópase en Ribadeo.

Exit mobile version