Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros FS só coñece a vitoria na Liga Provincial de Lugo

barreiros-cubelasO conxunto barreirense chega ó ecuador da competición como líder destacado. Acadou a vitoria nos 8 encontros que disputou na Liga Provincial masculina de Lugo. Aínda que serían 10 tendo en conta os 2 enfrontamentos ante o Ribeiras do Neira que a Federación resolveu con dous 3-0 tras o abandono da competición do conxunto de Baralla.

Ningún dos 5 equipos que compiten na Liga Provincial conseguiu puntuar ante o Praias de Barreiros, que se mostrou moi serio dende a primeira xornada ligueira. Os números dos barreirenses falan por sí mesmos: 8 encontros e 8 vitorias, 49 goles a favor e tan só 15 en contra.

Finalizada a primeira das dúas partes da Liga, o Praias de Barreiros é o líder destacado e por diante terá de novo outro calendario (a ida e volta). Iniciará a segunda parte da competición o próximo sábado recibindo no Pavillón Municipal ó Cubelas FS a partir das 19.30 horas.

Os resultados da primeira parte da competición foron os seguintes:

Praias de Barreiros 5-0 Cubelas
Samos 1-7 Praias de Barreiros
Praias de Barreiros 7-1 Talleres Vilaboa
Peña Españolista de Sarria 1-7 Praias de Barreiros
Praias de Barreiros 3-0 Riberas do Neira

Cubelas 2-7 Praias de Barreiros
Praias de Barreiros 5-3 Samos
Talleres Vilaboa 3-5 Praias de Barreiros
Praias de Barreiros 6-4 Peña Españolista de Sarria
Riberas do Neira 0-3 Praias de Barreiros

Exit mobile version