Estas charlas que se están mantendo polas parroquias son, aparte de para presentar ao candidato Jaime Cancio, para ir recollendo as propostas de todos os veciños e veciñas co fin de crear un proxecto que se adapte ás necesidades existentes e co que a maioría se sinta identificado.
O PSOE aspira a que o noso pobo se goberne de maneira diferente, a crear luz sobre o eclipse ao que nos ten sometido dende o 2011 un PP, que dende que esta no goberno, o ten todo en “Stand by”.
Os socialistas queremos e comprometemos un goberno que se fundamente nos valores de noso partido: igualdade de oportunidades e xustiza social.
Jaime Cancio ofrece un cambio no xeito de gobernar, un cambio que traerá un achegamento cara aos veciños, sobre todo daqueles que necesitan máis axuda, solidariedade ou políticas máis sociais, coma os dependentes, os desempregados, os xoves ou os mais desfavorecidos.
Adquire cos veciños unha serie de compromisos para traballar dende o primeiro minuto polos que se esforzan día a día en saír adiante, polos dependentes, polos desfavorecidos, polos desempregados, polos xoves. Jaime Cancio aposta por un concello mellor xestionado e que favoreza as condicións para mellorar a calidade de vida de todos os habitantes, engadindo que non se trata de prometer o paraíso, como fan certas opcións populistas, senón de dotar a veciñanza de xustiza social, de recuperar os dereitos e servizos que se desvaneceron nos últimos tempos en Foz.
A estas charlas súmanse tamén encontros coas asociacións de veciños co obxectivo de coñecer as súas demandas, coa intención de elaborar un programa electoral en colaboración cos colectivos do pobo e coa veciñanza. Un programa que se basee nas necesidades reais da xente y non en falsas promesas, un proxecto participativo que sume ideas e iniciativas, partindo sempre dende o compromiso socialista.