Foz 29/01/2015.- O venres 30 de xaneiro ás 20’00h no centro social de San Martiño os socialistas focenses celebrarán unha charla para presentar ao candidato ás vindeiras eleccións municipais Jaime Cancio.
Nestas charlas o PSOE e o seu candidato Jaime Cancio queren ofrecer un cambio na maneira de gobernar o concello de Foz, mantendo un contacto directo no día a día cos veciños, coas asociacións e os colectivos do pobo e adquirir, dende xa, unha serie de compromisos coas propostas veciñais para incorporalas ao programa electoral facendo deste un proxecto que se adapte ás necesidades reais existentes en cada parroquia ou barrio, un proxecto conxunto co que recuperen dereitos e servizos que se desvaneceron nestes anos de goberno do Partido Popular en Foz e co que a maioría se sinta identificado.