Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz celebra unha charla informativa no barrio de Forxán

Foz 12/01/2015.- Os socialistas continúan coa presentación do seu candidato á alcaldía de Foz, Jaime Cancio.

Este martes día 13 de xaneiro celebrarase unha charla informativa para os veciños e veciñas do barrio de Forxán, será na escola ás 20.00 horas.

Previo a charla informativa haberá unha xuntanza coa asociación de veciños co fin de coñecer de primeira man as demandas deste colectivo.

O obxectivo destas Charlas, a parte da presentación do candidato Jaime Cancio, é “establecer un diálogo aberto coas veciñas e veciños, analizar a actual situación do Concello de Foz e tras escoitar as súas propostas lograr construír entre todos e con outra maneira de gobernar un novo proxecto para un Foz mellor” polo que tras a presentción, abrirase unha quenda de intervencións onde cada asistente poida tomar a palabra e decir o que considere conveniente.

Exit mobile version