Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz continúa coa presentación do seu candidato polas parroquias do Concello

Foz 02/01/2015.- Os socialistas de Foz, continuan coa presentación do recentemente elixido, co voto dos afiliados, candidato á alcaldía de Foz, Jaime Cancio.

Esta fin de semana celebrarán “Charlas Informativas” para os veciños e veciñas en tres parroquias do municipio:

• Cordido: o venres día 2 ás 20’00h na Escola.
• Nois: o sábado día 3 ás 19’00h no Centro Social
• Cangas: o domingo día 4 ás 18’00h no Centro Social

Previa á charla informativa haberá unha xuntanza coa asociación de veciños de cada parroquia co fin de coñecer de primeira man as demandas destes colectivos.

O obxectivo destas Charlas, a parte da presentación do candidato Jaime Cancio, é “establecer un diálogo aberto coas veciñas e veciños, escoitar as propostas da xente, analizar a actual situación do Concello de Foz, e construír entre todos e con outra maneira de gobernar un novo proxecto para Foz” polo que tras a presentción, abrirase unha quenda de intervencións onde cada asistente poida tomar a palabra e decir o que considere conveniente.

Exit mobile version