Este sábado día 17 de xaneiro na parroquia de Vilaronte ante un cento de veciños os socialistas desgranaron as líñas básicas do seu proxecto para gobernar Foz dunha maneira diferente o mesmo que fixeron o domingo 18 no lugar de Marzán.
Previo as charlas informativas mantiveron unha xuntanza coas asociación de veciñais co fin de escoitar aos representantes dos veciños e coñecer in situ os problemas concretos de cada parroquia, barrio ou lugar. Para, partindo destas demandas, construír propostas solventes que reflictan os cambios que se teñen que producir no noso concello e que permitan á cidadanía visibilizar a alternativa do PSOE fronte ás actuais políticas do PP.
Estas charlas son un proceso participativo que pon o centro de atención no cidadán, onde a opinión dos asistentes, as súas ideas, reflexións, inquedanzas son o máis importante.
Preocupa e moito aos veciños e veciñas de Vilaronte, por exemplo, a falta de limpeza das cunetas e como esto afecta sobre todo coa chegada do mal tempo a unhas vías xa de por si deterioradas polo escaso mantemento dos últimos anos de goberno popular e cheas de baches, os accesos a parroquia, as fincas cheas de maleza, a falta de iluminación ou sinalización entre outros.
Similares reclamacións son as dos veciños do barrio de Marzán que tamén reclaman maior limpeza nas rúas do barrio, que consideran bastante deficiente en moitas zonas e maior atención no coidado do mobiliario do parque infantil do lugar así como na súa seguridade.
O candidato Jaime Cancio asume diante de todos os veciños unha serie de compromisos que iran incluídos no programa electoral, uns de cara a solucionar estas demandas dos veciños e outros en materia fiscal, laboral ou de infraestructuras.
Os socialistas e o candidato Jaime Cancio imos seguir celebrando estas xuntanzas que tanto parecen molestar ao PP a xulgar polas últimas declaracións que fixeron aos medios, parece que lles molesta que sexan os propios veciños os que manifesten gran cantidade de queixas a súa xestión, agora xa non é que sexa un determinado partido da oposición o que fala de desgoberno, senón que son os propios veciños e veciñas os que o fan e destes non poderán dicir que buscan un rendimento electoral ou acusalos de facer demagoxia como son tan dados a facer os populares.