Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Trabada denuncia que o alcalde presentase “un Orzamento inflado”, demostrando así que “é un mal xestor, que non asume responsabilidades e que goberna de forma electoralista”

TRABADA, 16 DE XANEIRO DE 2015.- Os socialistas de Trabada denuncian que, un ano máis, “o alcalde nos trouxo ao Pleno un Orzamento de ingresos inflado”, demostrando así que “é un mal xestor, que non asume as súas responsabilidades e que goberna de costas aos veciños e de forma electoralista”. Deste xeito, lamentan que, “no canto de impulsar acción que garantan e aumenten os servizos aos cidadáns para que estes non se vexan na obriga de marchar pola falta dos mesmos, a súa política sexa a do alquitrán, xa que practicamente o 80% da partida de investimentos reais se destina a este fin”.

Falta de previsión
Asimesmo, o grupo municipal do PSOE asegura que no Orzamento deste ano se observa “falta de previsión e de control por parte do equipo de goberno”. É por este motivo, polo que consideran que “non se pode consentir”, por unha banda, que haxa pendentes de pago subvencións para as festas pola simple razón de que non houbo a consignación presupostaria axeitada e, pola outra, que reiteradamente acuda a recoñecementos extraxudiciais de crédito. A este respecto, tal e como manifestaron na sesión plenaria celebrada hoxe, defenden que a entidade local “ten que dispoñer, primeiro, da consignación presupostaria suficiente para reconocer as facturas que non se puideron efectuar e, segundo, debe de elaborar un Orzamento que se axuste á realidade nas partidas e non intentar cadrar os números só no presuposto”.

Outros asuntos
Con respecto ao reparo pola contratación do axente de emprego, á celebración da quinta prórroga do contrato laboral temporal polo incumprimento da normativa, xa que excedeu o tempo límite de contratación (24 meses nun período de 30), pregúntanse “onde queda a igualdade de oportunidades, e se é necesario isto para despois acceder a ir na candidatura”.

Exit mobile version