Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo cae nas Pontes por 3 a 0

O Ribadeo asinou máis ocasións na primeira metade do seu encontro ante o As Pontes disputado o sábado 3 de xaneiro no Poboado; pero os locais saíron con ganas dos vestiarios e foron polos 3 puntos que, finalmente conseguiron tralo definitivo 3-0.

Os celestes tiveron varias ocasións na primeira metade coma unha de David a pase de Rafa Casanova que rematou ante a defensa pontesa, un saque de esquina que rematou Andrés sen éxito ou outra de Rafa Casanova só ante o porteiro local.

Con empate a cero goles chegábase ó descanso tras dúas ocasións dos ponteses que volverían a pisar o céspede con intensidade. De feito, no minuto 48 Iván González adiantaba ós coruñeses. Chicho coloca de cabeza o 2 a 0 no marcador tras un saque de esquena. E a piques de rematar o encontro nas Pontes, Sergio Arias sentecia o partido nun rexeite de Bossa.

O adestrador ribadense, Germán Campos, explicou ó remate do encontro que “o mal inicio da segunda parte e moitas decisións discutibles condicionaron o resultado final. Pero os primeiros 45 minutos foron aceptables”.

Con este resultado, os celestes colócanse sétimos na táboa con 30 puntos, 7 menos que o líder do grupo 1 da Terceira División, o Pontevedra CF. A vindeira xornada visita ó Alondras; pero antes, o martes 6 de xaneiro, disputará un partido amigable contra o CD Foz no Martínez Otero.

Exit mobile version