Site icon Crónica3.com A Mariña

O SEVA presenta o caderno ‘Pedro e Constanza’, unha obra teatral de Manuel Lourenzo sobre Pardo de Cela e a súa filla

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta o caderno nº 4 da colección CADERNOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS DO VALADOURO, dentro da área de arte, titulado “PEDRO E CONSTANZA”, unha obra teatral de Manuel Lourenzo.

O acto celebrarase o vindeiro sábado día 31 de xaneiro de 2015 ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.

Intervirá o autor da obra, Manuel Lourenzo, coa conferencia “A historia, os mitos e o teatro”, tratamento rigoroso, mais tamén ameno, do tema dos mitos en xeral, e do comportamento de Pardo de Cela e a súa filla Constanza, en particular.

Presentará o acto en nome do Seminario de Estudos do Valadouro Xabier Pardiñas.

Exit mobile version