Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vila do Val de Ferreira do Valadouro inicia este venres as súas tradicionais xornadas dedicadas ó cocido

Ferreira, 22 de xaneiro de 2015.- O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, inicia este venres as súas xa tradicionais xornadas dedicadas ao cocido. Como en anos anteriores, un inverno máis este establecemento hostaleiro ofrece a posibilidade de gozar todos os fins de semana, ata o 1 de marzo, dun menú elaborado a base de produtos típicos da gastronomía galega.

Tal e como avanza María Hermida, directora do hotel restaurante Vila do Val, “un ano máis repetimos estas xornadas, aproveitando que estamos en tempada de frío, de inverno e de matanza. Por iso, decidimos apostar unha vez máis por un menú tradicional composta a base de sopa, carne de cocido, sobremesa e café, adega á parte. Todo por un prezo de 19 euros. Esperamos que unha vez máis estas xornadas teñan a boa acollida que tiveron en anos anteriores e que a nosa clientela repita nesta cita que xa nun clásico no noso calendario anual”.

Este ano as xornadas do cocido do Vila do Val levaranse a cabo os venres, os sábados e os domingos dende este 23 de xaneiro ao 1 de marzo. Os interesados poden facer xa as súas reservas no propio establecemento ou chamando ao teléfono 982 57 16 53.

Exit mobile version