Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de iniciación á masaxe de espalda no Casino de Viveiro

O vindeiro sábado 31 de xaneiro terá lugar no Casino de Viveiro de 11.00 a 13.00 horas un Obradoiro de iniciación á Masaxe de Espalda organizado polo propio Casino e Agarímate-Servizo de Benestar. Os obxectivos do obradoiro pasan por introducir ás persoas, sen coñecementos previos, no mundo da masaxe; facilitarlles unha ferramenta de axuda a relaxación e ó benestar físico, mental e emocional; o coñecemento e experimentación dos rudimentos básicos da masaxe de relaxación; a valoración do contacto corporal como medio para a relaxación e tamén o fomento da interrelación persoal e social dos veciños.
Para máis información e inscricións será necesario contactar no número 678 186 653 ou a través do e-mail agarimate@gmail.com. O obradoiro terá unha parte teórica, na que se fará unha breve descripción da masaxe, indicacións e contraindicacións; e doutra práctica na que se desenvolverán os coñecementos necesarios para a realización da masaxe relaxante na casa.

Exit mobile version