Site icon Crónica3.com A Mariña

Os bailes de salón que organiza o Concello de Burela darán comezo o martes 20 de xaneiro

Burela, 2 de xaneiro de 2015. O Concello iniciará os Bailes de salón o vindeiro 20 de xaneiro, segundo lembra Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais.

A edil popular explicou que “ante a boa acollida e a demanda de continuidade por parte das persoas asistentes á actividade denominada Bailes de Salón, esta vaise prolongar durante o ano 2015, nunha primeira quenda dende o 20 de xaneiro ata o 26 de maio. Seguiremos contando con Dimas (Goldance), titulado profesional de baile deportivo e competición, máxima categoría de competición a nivel español e internacional como bailarín e máxima titulación de profesión de baile(Federación Española de Baile Deportivo en colaboración co Consello Superior de Deportes e o Comité Olímpico Español)”.

Durán dixo que “as persoas que non estean a participar nesta actividade, pero que desexen facelo agora deben achegarse ao Centro de Información ás Mulleres en horario de 8:00 a 15:00 do 5 ao 15 de xaneiro para formalizar a súa matrícula nalgúns dos seguintes turnos: 1º turno de 18: 45 a 20:00 horas, 2º turno de 20:00 a 21:15 horas e 3º turno de 21:15 a 22:30 horas”. O día de realización desta actividade seguirá sendo os martes.

O 20 de xaneiro de 2015 darán comezo os Bailes de salón e a presentación terá lugar na mesma na propia praza de abastos, que é onde se desenvolverá a actividade. Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os, poden chamar ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09 ou achegarse ás oficinas de información do Concello.

Exit mobile version