Respecto ao patrocinio de ambos os deportistas José Saa resaltou que “os nosos valores se identifican plenamente con Edu e Álex. Ambos son xogadores de calidade que en cada xornada demostran a súa profesionalidade e compromiso co equipo. Son unha garantía para defender a portería do Burela Pescados Rubén e por iso decidimos apoiar esta iniciativa. As boas obras deben sustentarse no rigor, o traballo en equipo, ofrecendo garantía de calidade e compromiso co medio natural. Esta é a nosa filosofía empresarial e consideramos que tanto Álex coma Edu son dous alicerces fundamentais no proxecto deportivo do club e que ambos representan os nosos valores de profesionalidade, esforzo e dedicación”.