Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz piden que se cumpran as ordenanzas de recollida de excrementos dos cans e o arranxo dos viais dos maderistas

Os catro Concelleiros Independentes de Foz van solicitar no pleno deste xoves dous rogos que os veciños de Foz lles están a trasladar continuamente.

En primeiro lugar rogar ao Goberno Municipal que faga cumprir a ordenanza na que se obriga á recollida inmediata dos excrementos evacuados polos animais de compañía na vía pública, algo ó que estamos acostumados a ver diariamente nas nosas rúas, dando unha imaxe pésima de limpeza e que estamos a padecer día trás día tódolos veciños do noso pobo sen que se faga nada ao respecto. Incluso botamos en falta algunha campaña de concienciación dirixida a todos aqueles que paseen as súas mascotas, como pode ser a colocación dalgún cartel informativo rogando á recollida dos excrementos.

Por outra banda rogar ao Goberno Municipal que cumpra a normativa aprobada recentemente para o acondicionamento das estradas que fan uso os maderistas polo feito de que moitas delas están quedando intransitables, algo que teñen que estar a sufrir sobre todo os veciños do medio rural. Nós entendemos que se debe de facer uso destes viais pero ao mesmo tempo pedimos que se deixen no mesmo estado que os atoparon.

De pouco serve apurarse en crear ordenanzas se ao final non se fan cumprir, algo que por outra banda tampouco nos sorprende deste insensible goberno que fai oidos xordos á maioría das demandas dos seus veciños.

Exit mobile version