Logo de fundirnos a impostos e cargas fiscais perante os tres primeiros anos de mandato, e malia prometer no seu programa electoral xusto o contrario, Mariano Rajoy perdóanos a vida e fáinola 35 euros máis barata cada mes.É evidente que se trata dunha medida interesada neste ano multielectoral, polo que xa nos vale que esixamos aos gobernos un ano de mandato no canto dos catro de rigor habituais.
Si cada ano houbese eleccións, os gobernantes competirían en aprobar medidas populistas como esta para agradar aos votantes. En periodos de catro anos nos cargan a impostos durante os tres primeiros e só aproban os regaliños no último para contentar ao persoal. Coma se a xente fose parva e só acordásese dos seus últimos xestos e non dos primeiros.
Desgraciadamente o goberno sempre conta con xente desmemoriada, olvidadiza ou simplemente imbécil, por moito que logo empéñense en repetir aquela frase tan vacia de que o pobo é sabio e sempre ten razón en democracia. Desgraciadamente nin é tan sabio, máis ben profundamente palurdo en moitas ocasións, nin sempre leva a razón. A proba máis palpable foi o que votou nas últimas eleccións ou nas penúltimas. Os grandes gañan sempre, polo menos ata agora, aínda que os alternativos xa empezan a facerlles ciligras. A ver si o que ri o último vai efectivamente a rir mellor.?
Otero Regal.