Site icon Crónica3.com A Mariña

Os nenos e os Reis Magos na Residencia de Anciáns de Alfoz

nenos-residencia-alfozComo vén sendo costume nos últimos anos, o pasado 2 de xaneiro os anciáns da Residencia Comunitaria de Alfoz recibiron visitas. En primeiro lugar un grupo de nenos do concello, participantes nos talleres de Nadal que dirixe Tatiana Barreira foron á vivenda a cantarllas unhas panxoliñas ós residentes. Un pouco despois chegaron Melchor, Gaspar e Baltasar, que viñan cargados de agasallos para os nenos e para os anciáns. Houbo merenda e festa.

Exit mobile version