Site icon Crónica3.com A Mariña

Os pactos electorais en Viveiro

O Sr Fraga, actual candidato do BNG a Alcaldía de Viveiro, ten unha imaxinación prodixiosa que o leva a estar alonxado da realidade permanentemente, so así poden entenderse as súas declaración ós medios o pasado 22 de xaneiro onde falaba dun pacto PP-PSOE nas municipais deste ano.

Ademais constatamos que ten mala memoria ou ó mellor non lle interesa recordar polo esperpéntico que resultou o seu último pacto cos socialistas nesta lexislatura, onde pactou o goberno con eles, presumindo incluso de que el ía ser o autentico alcalde, e os 14 meses de matrimonio de comenencia, cunha patadiña no traseiro, chimparono da silla; pero non quedou ahí a cousa, xa que a pesares de tildar ós socialistas de “pésimos xestores” , que “na empresa privada xa estarían despedidos” ou que” esperaba que non levasen á ruina a Viveiro”, foi quen de na sesión de investidura voltar a darlle o seu apoio á actual alcadesa socialista, toda unha declaración de intencións do que a el e o seu grupo lles importaba o futuro dos veciños e veciñas de Viveiro – isto si é compatibilidade coa paralise que nos toca sufrir, gracias a vostede e os seus “apoios”-.

O Sr. Fraga si que sabe de pactos, xa que foi quen de pactar co PSOE en base ó escrito nunha servilleta nun restaurante da localidade, xa que en base a cuestións de programa non podía ser, xa que o PSOE concurría as municipais de 2011 sin programa electoral, e claro así lles foi. Dende logo non podemos decir que fose sorprendente, porque xa sabemos que para o Sr. Fraga e o seu partido a única forma de pillar sillón e arrimándose a quen saca un bo puñado de votos, porque cos que soen sacar eles habitualmente, non lles alcanza nin de lonxe. Ademáis hai que reconocerlle ós sres. do Bloque que non lles importa bailar coa máis fea, con tal de bailar, porque so así se explica que nas últimas europeas fosen da man de Bildu, todo un exemplo de partido que defende os valores máis democráticos.

Sr. Fraga quero lembrarlle que o único partido que dende a oposición fixo xestións para mellorar Viveiro nesta lexislatura foi o PP, xa que vostedes ó principio apoiaraon e formaron parte do goberno, logo estuveron un tempo á defensiva – seguramente para non ter que explicar en en que se puliron en seis meses 1.2 millóns de euros nas delegación das que vostedes eran responsables – e xa por último empezaron a facer oposición agora en vísperas de eleccións.

Sr. Fraga a vostede o que lle pasa – metafóricamente falando – e que pensa o ladrón que todos son da súa condición, decirlle que o PP de Viveiro so está en, humildemente, intentar gañar estas eleccións. O dos pactos imosllo deixar para vostede que é todo un “experto”, aínda que visto o visto non parece que teña demasiados motivos para volver a reeditar un terceiro pacto PSOE-BNG. Agardemos que sepa vostede elexir mellor o seu socio ou socios para a próxima lexislatura, porque vistos os antecedentes e como para botarse a temblar.

En Viveiro a 23 de xaneiro de 2015
Antonio J. Bouza Rodil, Presidente PP de Viveiro.

Exit mobile version