Site icon Crónica3.com A Mariña

Os primeiros da táboa dominan fronte ós colistas da Liga de Veteranos de Viveiro

O encontro entre o líder e o colista da Liga de Veteranos de Viveiro saldouse cun 1 a 11 neste undécima xornada para os equipos de fútbol sala da cidade do Landro. Gato Pardo sumaba, pois, outros 3 puntos ante o M. Lodeiro e continúa como líder invicto.

Tamén se enfrontaban nesta xornada o segundo clasificado e o penúltimo nun partido que rematou cun resultado de 12 a 1 a favor de A Curva. Juve Chavín continúa na parte baixa da táboa con 3 puntos.

O resto dos encontros da xornada saldáronse cos seguintes resultados:
Forum 7 – 2 O Mesón
Temple bar 2 – 4 O Recuncho
Flanagans 2 – 1 Mesón Os Arcos
Mesón A Fonte 2 – 3 Cofipesca

Xornada 12
Nos encontros da vindeira xornada mediranse:
Gato Pardo e Flanagans: luns 26 de xaneiro ás 20.30 horas.
Forum – Cofipesca: luns 26 de xaneiro ás 21.15 horas.
Juve Chavín – Mesón A Fonte: luns 26 de xaneiro ás 22.00 horas.

O Mesón – Temple Bar: xoves 29 de xaneiro ás 20.30 horas
O Recuncho – Mesón Lodeiro: xoves 29 de xaneiro ás 21.15 horas.
Óscar Joyeros – A Curva: xoves 29 de xaneiro ás 22.00 horas.
Descansa: Mesón Os Arcos.

Exit mobile version