
Os Reis Magos tamén visitaron Alfoz na noite do día 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar recorreron as parroquias do concello en tres carrozas, acompañados dos seus paxes. Logo detivéronse no Castelo do Castro para recibir ós nenos alfocenses. O Alcalde do Concello deulles a chave do mesmo para que puideran entrar en todas as casas dos nenos e dedicoulles unhas palabras. Tres nenas leron peticións para os tres Magos, nas que se incluía a paz para o mundo, traballo para todos e moitos agasallos para os nenos de Alfoz. O Rei Melchor agradeceu todas as atencións. Os Magos visitaron logo o portal de Belén, e recibirón as peticións de todos os nenos que quixeron achegárselles. Os seus paxes repartiron unha chea de caramelos entre a xente. Finalmente, todos saborearon un rico chocolate con madalenas.