Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira programa un novo ciclo de cine e un debate sobre a intervención no areal de Covas

O Colectivo Pensamento e Sementeira comeza a súa andaina neste 2015 programando un novo ciclo. Trátase de Mostra de cine #PALESTINA que achegan a Viveiro grazas á Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e ao Festival Internacional de cine euroárabe Amal.

A primeira das 8 películas é o documental “Eu son Gaza” (Xordania) da directora Asma Beseiro que afonda na importancia histórica do período 2008-2009 co brutal ataque israelí sobre Gaza, ademais do seu impacto sobre Palestina. O ciclo dará comezo o mércores 28 de xaneiro, ás 20.00 horas.

DEBATE SOBRE AS PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN NO AREAL DE COVAS
Por outra banda, o colectivo viveirés informa que seguirá a organizar debates sobre temas de interese. O primeiro deles consistirá nun acto público no que se debaterá sobre as posíbeis intervencións no areal de Covas. Convidarán a tecnicos, responsábeis de Costas e xente do mar.

O programa completo do ciclo de cine é o seguinte:

Mércores 28 de xaneiro de 2015, 20.00 horas:
Salón de Actos do IES María Sarmiento (VIVEIRO)

-“Eu son Gaza” (Documental)

-“Os nenos de Ibdaa” (Curtametraxe)

Mércores 11 de febreiro de 2015, 20.00 horas:
Salón de Actos do IES María Sarmiento (VIVEIRO)

-“This is my Land Hebron” (Documental)

-“Gaza-Londres” (Curtametraxe)

Mércores 25 de febreiro de 2015, 20.00 horas:
Salón de Actos do IES María Sarmiento (VIVEIRO)

-“Jenin, Jenin” (Documental)

-“Lesh Sabreen?” (Curtamentraxe)

Mércores 11 de marzo de 2015, 20.00 horas:
Salón de Actos do IES María Sarmiento (VIVEIRO)

-“Shooting Muhammad” (Documental)

“Shwesh, shwwsh” (Curtametraxe)

Exit mobile version