Site icon Crónica3.com A Mariña

Podemos Cambiar Galicia confía nun mariñán para o órgano executivo autonómico

salva-podemosPodemos Cambiar Galicia o proxecto de consenso para traballar nos órganos executivos de Podemos na Comunidade Autónoma, deu a súa confianza en Salva García para chegar ao Consello Cidadán galego.

A candidatura, que propón a Ana Sánchez Diz como Secretaria Xeral, presenta unha lista de persoas e uns documentos, elaborados activamente por máis de 100 persoas e coa participación de xente inscrita na maior parte dos círculos da comunidade.

Salva García é una persoa que nunca estivo implicado en partidos políticos e que se une a esta candidatura para contribuir a facer una política real preto dos cidadáns de a pé. Cre que pode aportar os seus coñecementos en contruir un proxecto de cambio real para todos e todas as galegas e galegos.

A representación Mariñana non está elaborada para cubrir un cupo por territorialidade comarcal, senón que se confía na valía das persoas individudalmente debido ás súas aptitudes.

Podemos Cambiar Galicia e a única candidatura feita dende as bases de forma PARTICIPATIVA, TRANSPARENTE E PLURAL.

– PARTICIPATIVA, porque se invitou a participar a todos os círculos de Galicia e á sociedade civil.

– TRANSPARENTE, porque se fixo a vista de todo o mundo, as reunións da Estrada son testigos de este feito.

– PLURAL, porque debatimos e consensuamos o proxecto xente con diversidade de pensamentos.

Debemos dar exemplo. Nós non estamos dacordo con xestar unha candidatura na barra de un bar porque a bandeira de Podemos e o cambio, a igualdade, o consenso, a participación e a transparencia.

Exit mobile version