Site icon Crónica3.com A Mariña

Podemos Cambiar Galicia presenta o seu proxecto en Burela con dous mariñáns na candidatura ós órganos executivos

podemos-cambiar-galiciaPodemos Cambiar Galicia, o proxecto de consenso para traballar nos órganos executivos de Podemos na Comunidade Autónoma, presenta este venres os seus documentos e aos seus candidatos en dous puntos da provincia. Asistirá a candidata á Secretaría Xeral, Ana Sánchez Diz, e terá lugar en Burela no hotel Canabal ás 18.00 horas e en Lugo na Ronda da Muralla 58 ás 20.45 horas.

Por parte de Lugo cidade son tres as persoas que participan deste grupo: Concepción Nanín, manuel Novo e Carmen Galván. Pola outra banda dous mariñáns tamén están dentro desta candidatura Salvador García de Burela e Eulalia Sánchez de Viveiro.

Podemos Cambiar Galicia presenta unha lista de 33 persoas e uns documentos, elaborados activamente por máis de 100 persoas e coa participación de xente inscrita na maior parte dos círculos da comunidade.

A representación lucense non está elaborada para cubrir un cupo por territorialidade comarcal, senón que se confía na valía das persoas indiviudalmente debido ás súas aptitudes.

Podemos Cambiar Galicia e a única candidatura feita dende as bases de forma PARTICIPATIVA, TRANSPARENTE E PLURAL.

– PARTICIPATIVA, porque se invitou a participar a todos os círculos de Galicia e á sociedade civil.

– TRANSPARENTE, porque se fixo a vista de todo o mundo, as reunións da Estrada son testigos de este feito.

– PLURAL, porque debatimos e consensuamos o proxecto xente con diversidade de pensamentos.

Debemos dar exemplo. Nós non estamos dacordo en xestar unha candidatura na barra de un bar porque a bandeira de Podemos e o cambio, a igualdade, o consenso, a participación e a transparencia.

Exit mobile version