Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do candidato socialista á alcaldía de Foz

Co comité provincial celebrado este sábado, os socialistas da provincia encaran con “ilusión, traballo e forza” as vindeiras eleccións de maio. Precisamente, este domingo ás 12.00 horas, a sala Bahía de Foz acollerá a presentación de Jaime Cancio como candidato do PSOE á alcaldía deste municipio. No acto, que é a primeira presentación oficial dun cabeza de lista que fai o dirixente dos socialistas lucenses, intervirán, ademais de González Santín, o secretario xeral da agrupación local e deputado autonómico –José Ramón Val Alonso- e a secretaria de Organización do PSdeG –Pilar Cancela-.

Exit mobile version