Pese a ser un espazo único na zona, deixaronse ver as carencias e os danos poducidos polas humidades e goteiras ademais da falta de calefacción ou a ausencia de dispositivos electrónicos actualizados. Polo tanto reclamamos unha solución ó abandono do gran Teatro de Viveiro.
Dende Galiza Nova Viveiro-Xove, piden novamente “desculpas polos problemas técnicos acontecidos na xornada do venres” e agradecen “a extraordinaria resposta do público”. Así mesmo, aseguran que “seguimos traballando en novos eventos para satisfacer ós veciños e veciñas de Viveiro”.