Site icon Crónica3.com A Mariña

Regal Cerámica, por décimo segunda edición na feira Maison & Object de París

ceramica-parisDespois de participar na feira de Estocolmo “Formex” e na de Madrid “Intergift”, Regal Cerámica acude por décimo segunda edición consecutiva á feira de Maison & Objet de París que se celebra entre o 23 e o 27 de xaneiro dentro do apartado Craft de lês Metiers d ́Arte de France.

A participación de Regalceramica, trala boa acollida dos anos pasados, vai dirixida a tendas e galerias especializadas en “Obxetos de arte” onde só expoñemos novidades de Cerámica artística en gres de alta temperatura, pezas de gran tamaño, destinadas a tendas de obxetos de arte, decoración de interiores e mobiliario, unha colección de “Pezas únicas”. Trátase de esculturas numeradas de 1 ao 10 firmadas con color e deseños vangardistas. Como novidades presentase um apartado de “Obra de Autor” de Otero Regal.

Cabe destacar que dende a participación en Maison & Object Regal Cerámica exporta a Arabia Saudí, Líbano, Dubay, Taiwan, Romanía, Irlanda, Francia, Italia, Alemaña, Gran Bretaña e USA entre outros destinos fóra das nosas fronteiras, “unha necesidade obrigada para continuar coa producción do noso obradoiro e manter os postos de traballo do mesmo. Hoxe non se pode quedar quieto esperando que papa estado ou quen sexa che vella a solucionar o problema das vendas”.

Exit mobile version